Nado en 2016 grazas a un convenio entre a Xunta de Galicia e a Università degli Studi di Perugia, o Centro de Estudos Galegos (CEG) distinguiuse non só pola súa marcada vocación científica, plasmada na publicación de volumes e artigos, senón tamén polo seu compromiso coa docencia e a difusión da lingua, a literatura e a cultura galegas fóra do ámbito académico, a través de actos públicos e colaboracións institucionais.
Ao longo destes anos celebráronse proxeccións de películas, concertos, exposicións, espectáculos teatrais, presentacións de libros, recitais poéticos e conferencias de escritores e intelectuais.
Precisamente para celebrar o décimo aniversario da súa creación, o CEG organizou unha serie de iniciativas que terán lugar o xoves 29 e o venres 30 de outubro. A celebración comezará o xoves 29 de outubro ás 16.00 na Sala delle Adunanze do Departamento de Letras, cos saúdos institucionais de Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Ignacio Peyró, director do Instituto Cervantes de Roma, e Gian Luca Grassigli, director do Departamento de Letras. Ás 16.30, Marco Paone e Carlo Pulsoni repasarán os dez anos do Centro no encontro «Memoria e percorrido». Ás 17.00 será a quenda da literatura, cun encontro co escritor Manuel Portas arredor da súa novela Lourenço, giullare, no que participará a tradutora Gloria Castelli.
A homenaxe continuará ás 21.00 na Abbazia di San Pietro, en Borgo XX Giugno 74, co concerto de Catuxa Salom, Mulleres Piratas, e a participación de Clara Borghesi. Unha viaxe polo folclore galego e as sonoridades electrónicas, enriquecida pola voz narrativa e interpretativa de Borghesi, nun diálogo entre música, poesía e teatro. A entrada ao concerto será libre ata completar o aforo.
O venres 30 de outubro, as actividades continuarán na Sala delle Adunanze. Ás 10.30, Carlo Pulsoni moderará a mesa redonda «Os estudos galegos en Italia», coa participación de Attilio Castellucci, Rachele Fassanelli, Simone Marcenaro e Marco Paone. Ás 12.00 tomarán a palabra as novas xeracións da investigación, con presentacións e experiencias de persoas tituladas que dedicaron os seus traballos de fin de estudos ao ámbito dos estudos galegos na Universidade de Perugia.
L'autore
Ultimi articoli
avvenimenti22 Ottobre 2026Feliz aniversario, Centro de Estudos Galegos
avvenimenti22 Ottobre 2026Feliz aniversario, Centro de Estudos Galegos
avvenimenti22 Ottobre 2026Buon anniversario, Centro di Studi Galeghi
avvenimenti22 Settembre 2026Seed 2026
